Präsentation herunterladen
Die Präsentation wird geladen. Bitte warten
Veröffentlicht von:Nicolas Caminha Pereira Geändert vor über 6 Jahren
1
Bezirksgemeinschaft Überetsch - Unterland
Marco lexislativo e status actual das entidades de voluntariado Mancomunidade de municipios Bassa Atesina/ Italia
2
FUNDAMENTOS DE DEREITO
Leis estatais igual que a Unione Terre Verdiane Lei provincial de xullo de 1993, Nr. 11 e emendas posteriores A provincia de Tirol do Sur respecta e apoia o papel social das entidades de voluntariado como unha expresión da participación, solidariedade e pluralismo. Outórgalles o seu debido recoñecemento, promove o seu desenvolvemento independente e apoia a súa contribución ao desenvolvemento social, civil e cultural, tal e como se indica na devandita lei.
3
OBXECTIVOS/DEFINICIÓN
Traballo voluntario = persoal, de xeito voluntario sen lucro, exclusivo para solidariedade e sensibilización social O traballo voluntario ten un fin non lucrativo e ofrécese nas seguintes áreas: Saúde e benestar Cultura, educación e actividades formativas Deportes, tempo libre a lecer Protección civil, conservación do medio e da paisaxe Defensa dos dereitos das e dos consumidores, dereitos humanos, igualdade de oportunidades e cooperación ao desenvolvemento
4
As entidades de voluntariado poden adoptar calquera figura legal que se axeite aos obxectivos da solidariedade e que respecte as disposicións do Código Civil. Os estatutos da organización deben conter: que a organización carece de ánimo de lucro que está estruturada de xeito democrático que a xunta directiva se nomea por elección e que traballa de xeito voluntario que as e os integrantes traballan de forma voluntaria os criterios para facerse membro ou expulsar un membro e os dereitos e deberes dos membros
5
Unha vez ao ano a organización tamén debe de presentar o seu estado contable e declaración de bens, que deben ser aprobadas durante a xuntanza da asemblea xeral. Os recursos financeiros consisten en cotas de asociación, contribucións de persoas individuais, contribucións e outras axudas de municipios, doazóns e herdanzas, compensacións a través de acordos e patrocinios.
6
O rexistro provincial de entidades de voluntariado Regula as entidades de voluntariado. O rexistro teno que formalizar a/o presidenta/e da provincia e resulta un requisito previo para solicitar as reducións fiscais establecidas por lei. O goberno provincial estableceu un fondo de garantía para casos extraordinarios de danos provocados polas entidades de voluntariado (cun máximo de 1 millón de Euros). A administración provincial e os municipios poden chegar a acordos coas organizacións de voluntariado para ofrecer certas actividades. O comité de observación provincial para o traballo voluntario é responsable de: os criterios de entrada no rexistro provincial os cursos de formación e actualización a información sobre o traballo voluntario a promoción e desenvolvemento do voluntariado. O comité está presidido pola/o presidenta/e da provincia e inclúe persoas expertas en voluntariado e a xerencia da presidencia.
7
ESTRATEXIAS E APLICACIÓNS ADMINISTRATIVAS
O traballo voluntario considérase no Plan de Atención Social e Sanitaria da Provincia como un piar fundamental da sociedade civil. Organización paraugas Dado que as actividades de voluntariado cada vez están máis suxeitas a regulamentos legais e requisitos burocráticos complexos, fíxose necesario establecer unha organización paraugas que ofreza apoio en temas administrativos complexos (contabilidade, fiscalidade, privacidade, seguros, seguridade no traballo, responsabilidade a terceiros, etc.). Esta organización paraugas ofrece ás organizacións de voluntariado recursos e competencias valiosas (por exemplo, asesoramento legal, acceso a Internet, páxina web, etc.).
8
As entidades de voluntariado maiores teñen persoal contratado para o traballo administrativo e burocrático. Porén, este persoal está suxeito ás decisións das e dos integrantes voluntarias/os da organización. Cada entidade de voluntariado funciona segundo o principio de subsidiariedade, que quere dicir que o persoal contratado só se fai cargo daqueles servizos que non pode asumir o voluntariado. Ademáis, está o o principio da participación, que quere dicir que nunha entidade voluntaria, cada integrante ten os mesmos dereitos e valor, sen que importe o status, profesión ou nivel educativo.
9
CUALIFICACIÓN Ofrécense de forma permanente cursos de formación e de actualización ao voluntariado. Unha descrición de tarefas por escrito que se le entrega a cada persoa voluntaria tamén contribúe á calidade do traballo voluntario.
10
A SITUACIÓN XERAL DE TIROL DO SUR
Dificultades das entidades de voluntariado: atopar os recursos económicos necesarios captar voluntariado novo responsabilidades a terceiros compromiso a longo prazo do voluntariado disposicións legais e requisitos burocráticos cada vez maiores mellorar a imaxe e a visibilidade das organizacións de voluntariado e as súas actividades.
11
As fortalezas do voluntariado de Tirol do Sur:
moitas organizacións de voluntariado con moitas e moitos integrantes o traballo voluntario cobre moitas áreas bo apoio ás organizacións de voluntariado por parte da organización paraugas
12
Puntos febles Na área de benestar hai pouco voluntariado mozo. Para as institucións públicas é complicado utilizar voluntariado onde é necesario, sen darlles a impresión de que son recursos temporais e para reducir a súa independencia, o cal fai imposible unha cooperación real. Ademais, as entidades de voluntariado dánnos un sinal claro de que o recoñecemento a través de premios ou condecoracións son secundarias. No canto, prefiren o recoñecemento real e apoio material (por exemplo cuartos para actividades concretas ou outros recursos como fotocopias, etc.) e unha relación honesta e máis igualitaria.
13
Suxestión de mellora Aumentar o recoñecemento do traballo voluntario no sistema educativo e na economía. Por iso a organización paraugas outorga un “certificado de traballo voluntario social”, que se recoñece como crédito educativo nalgunhas escolas. Sería desexable que as actividades de voluntariado contribuísen máis ao curriculum vitae. Un desexo futuro máis sería poder emitir certificacións que contasen para o cálculo da pensión.
14
ANÁLISE DE CUESTIONARIOS Panorámica do voluntariado en Bassa Atesina
Poboación de Bassa Atesina: 71,435 Voluntariado activo: 1,612 Do cal : - 1,219 na área do benestar e a saúde - 393 na área de defensa civil para a saúde (=Cruz Vermella e Branca), que se engaden ao sector saúde 60% traballa no sector do benestar 25% no sector da saúde 15% en ambos, o da saúde e do benestar
15
Actividades das entidades de voluntariado
70% atención 25% apoio psicolóxico (counselling) 5% prevención
16
Grupos de idade 15-25: 5% 26-35: 23% 36-50: 24% 51-60: 30% 60 +: 19% Así, o grupo de máis de 50 anos constitúe o 50% do total do voluntariado.
17
En todas as enquisas contestadas a relación cos servizos públicos clasificábase como boa ou moi boa. Este resultado positivo puido ser causado polo proxecto “Distritos en movemento” , porque como resultado deste proxecto, representantes dos grupos de traballo voluntario teñen un posto no consello asesor chamado “comité de distrito” dos servizos sociais públicos, que facilita unha colaboración real entre os servizos públicos e o voluntariado (máis detalles máis adiante). Igualmente, a falta de propostas de mellora en cuestionarios se debe a esta satisfacción. Os cuestionarios amosan algunhas suxestións, que se relacionan sobre todo con: - a redución da burocracia, - compartir máis información e - ofrecer mellores instalacións.
18
Estratexias para a captación de voluntariado
- Boca a boca - Boca a boca en celebracións en institucións sociais e na parroquia. - O “Día do voluntariado”: día organizado para toda a provincia no que as persoas poden probar distintos tipos de actividades de voluntariado e tras o cal hai unha cerimonia de peche oficial con cobertura dos medios. - Publicacións na prensa local, folletos - As organizacións máis grandes (por exemplo a Cruz Branca) teñen a súa propia xestión do voluntariado: grupos de mocidade propios (no caso da Cruz Branca), persoas xubiladas do propio servizo.
19
Estratexias específicas de captación da mocidade: A maioría das organizacións non teñen estratexias específicas para a captación de voluntariado mozo. Isto considérase un tema difícil. Algunhas organizacións mencionaron as seguintes estratexias: - Grupos de mocidade propios, nos que a xente pode aprender competencias sociais significativas. Así as organizacións tenta facer entender que as actividades de voluntariado dan sentido á vida de todas as persoas. -Cooperación con organizacións de mocidade / Servizos de mocidade -Charlas sobre a experiencia de voluntariado activo nas escolas -Proxectos interxeracionais nas escolas e fogares de persoas maiores -Grupos de confirmación
20
Estratexias específicas para captar inmigrantes: Ningunha das organizacións de voluntariado conta con estratexias específicas para captar inmigrantes. Isto pode depender do feito de que as nosas son vilas pequenas e non hai moitas persoas inmigrantes.
21
MELLORES PRÁCTICAS de Bassa Atesina:
“Districtos en movemento”: para unha mellor colaboración entre a cidadanía e as instititucións públicas “Tu/Du”: a impliación da xente moza nas actividades de voluntariado
22
Orzamento 0,50 Euro/habitante distrito
“Districtos en movemento”: para unha mellor colaboración entre a cidadanía e as institucións públicas asemblea cidadá cada 2 anos p.e. Grupo de traballo “emigración” p.e. Grupo de traballo “familia” p.e. Grupo de traballo “saúde pública” p.e. Grupo de traballo “Maiores” p.e Grupo de traballo “Persoas con Discapacidade” …e outros… relator/a relator/a relator/a relator/a relator/a Consello asesor do distrito dos servizos sociais públicos Orzamento 0,50 Euro/habitante distrito
23
“Tu/Du”: a implicación da mocidade nas actividades de voluntariado
Cambia os puntos Acumulados por bonos Tarxeta de membro Consegue e Recolle puntos Elixe unha institución social Canxea o teu bono Nos servizos ou centros de mocidade Nunha das empresas socias do proxecto (restaurants, cinemas…) Nos servizos ou centros de mocidade Nas distintas aldeas Nas intitucións sociais e públicas
24
Grazas pola vosa atención!
Ähnliche Präsentationen
© 2025 SlidePlayer.org Inc.
All rights reserved.